Liporca é unha idea feita realidade que nace logo de curtirnos nos mellores bares e tabernas de Galicia, observando como os licores de sempre quedaban estancados en tradicións pasadas de moda.

Chegamos para ser os licores fav de toda unha xeración. Non queremos ser só o chupito da sobremesa familiar. Queremos acompañarvos en moitos máis momentos especiais, sexa cal sexa o teu mood: 😏😇🌿🔥.

Fixemos ducias de probas ata atopar o sabor perfecto usando produtos top e mesturando a produción tradicional co mellor do agora.

O que che podemos asegurar é que con cada pinga de Liporca que che baixe pola gorxa, desatarase unha fervenza de emocións intensas. Queres comprobalo? 😉

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.